Bandos Informativos

- Consulta do Censo Electoral para as eleccións xerais do 28 de abril - Concello de Rianxo

Bandos Informativos

Consulta do Censo Electoral para as eleccións xerais do 28 de abril

No Boletín Oficial do Estado de data 05 de marzo de 2019, publicouse o Real Decreto 129/2019, de 4 de marzo, de disolución do Congreso dos Deputados e do Senado e de convocatoria de eleccións, que terán lugar o domingo día 28 de Abril de 2019.

En cumprimento da Lei Orgánica 5/1985 do Réxime Electoral Xeral, de 19 de xuño, establécese un servizo de consulta do CENSO ELECTORAL, co obxecto de que calquera persoa poda presentar reclamación administrativa sobre os seus datos censuais.
    Prazo: do 11 ao 18 de marzo

De forma presencial:
    Lugar: nas oficinas municipais do concello de 9 a 14 horas

De forma teleḿatica (con certificado electrónico, DNIe ou Cl@ve):
    Na sede electrónica do INE:     https://sede.ine.gob.es/consulta_electoral_elecciones

A consulta do Censo Electoral deberá ser formulada pola persoa interesada, previa identificación cun documento dos habilitados para o acto da votación segundo indica o artigo 85.1 da Lei Electoral: DNI, pasaporte ou permiso de conducir no que apareza fotografía da persoa titular.

As reclamacións que se presenten estarán asinadas, obrigatoriamente, pola persoa interesada, que achegará ao impreso de reclamación unha fotocopia do documento que presente.

Todos os veciños/as, e especialmente quen cumpriron recentemente os 18 anos e os que cambiaron de enderezo nos últimos meses, deberán comprobar o Censo Electoral.

O INE pon á disposición da cidadanía un procedemento polo cal as persoas censadas poden solicitar que os seus datos censuais se exclúan do censo que se envía ás candidaturas políticas aos procesos electorais para o envío de propaganda electoral por correo postal. Este trámite pódese realizar nas oficinas municipais e por vía telemática en https://sede.ine.gob.es/ce_exclusion_copias

Teléfonos de consulta: 901-101-900 /  981 21 74 39 / 981 21 74 26