O vindeiro día 18 de febreiro, xoves, desprazarase a Rianxo o equipo móbil do DNI, para a expedición do documento.
A expedición do D.N.I. consta de tres fases (a segunda é a impresión física na comisaría):
É absolutamente necesario que o cidadán compareza nas dúas fases, do contrario non se lle poderá entregar o documento.
Prégaselle ós veciños que acudan co importe exacto das taxas, que neste ano son de 10,60 €.
Todas aquelas persoas que queiran anotarse poden facelo antes desa data, chamando ós números de teléfono 981.860075/76 ou dirixíndose ó servizo de información Concello.
Tendo en conta que este servizo está pensado para persoas maiores, con dificultades de mobilidade, que carezan de medios de transporte..., e que so atenderá a 30 persoas cada dous meses, pídese a colaboración da veciñanza para que se anoten so as persoas con dificultades para desprazarse a Ribeira, Vilagarcía ou Santiago.
Máis información e inscricións: