Bandos Informativos

Bandos Informativos - Concello de Rianxo

Bandos Informativos

Páxinas etiquetadas con bando times .

A Corporación Municipal de Rianxo, xunto á Federación Galega de Municipios e Provincias-FEGAMP, fai un chamamento á veciñanza de Rianxo a sumarse a unha concentración venres 26 de xullo, ás 12 h., diante da Casa do Concello. Queremos expresar o noso pesar cos familiares dos finados no accidente de tren e a nosa solidariedade coas persoas feridas. Será un minuto de silencio en sinal de...

Veciños e veciñas, celebramos como todos os anos o 25 de xullo, o Día da Patria Galega, unha data principal de festa e reivindicación para o país escollida polas Irmandades da Fala en 1919. En verbas impresas no xornal a Nosa Terra, o seu voceiro de entón, sinalábase como unha data de lembranza da Patria natural que dende antigo, como agora e sempre, ha ser a única patria verdadeira do home...

O Concello de Rianxo vai levar a cabo a contratación de oito persoas para o Servizo de vixilancia de praias, que consistirá na realización de tarefas de vixilancia (salvamento e socorrismo) e control medio ambiental (retirada de obxectos ou elementos que podan causar perigos ou danar o entorno) nas praias do Concello de Rianxo. Este programa contará cun equipo de oito  persoas, composto...

Durante o período comprendido entre o 1 de xullo  e o 2 de setembro do exercicio 2013, de acordo co que dispoñen os artigos 24 e 68 do vixente Regulamento Xeral de Recadación, terá lugar a cobranza en período voluntario dos seguintes tributos: Taxa por servicios de recollida de lixo, correspondente ó segundo cuadrimestre do 2013 Lugar de Ingreso: Oficinas Novagalicia Banco e...

O Concello de Rianxo ven de asinar un Convenio coa Deputación Provincial da Coruña que permitirá a presentación de escritos pola veciñanza e colectivos de Rianxo dirixidos á entidade provincial ou a calquera dos seus órganos así como no tocante á documentación municipal que este concello precise remitir á Deputación. Os prazos administrativos contarían unha vez achegada esa documentación no...

O concello de Rianxo contribúe ao desenvolvemento do proxecto RedeXiana2, para o fomento do emprego na provincia. A Deputación da Coruña vai desenvolver en colaboración co concello de Rianxo, accións formativas dirixidas a persoas desempregadas dos concellos de A Pobra, Rianxo, Ribeira, Boiro, Porto do Son, Dodro, Padrón e Rois. A formación enmárcase no proxecto RedeXiana2 (Xestión...

O concello de Rianxo participa no proxecto RedeXiana2 xunto con outros 90 concellos da provincia da Coruña. O proxecto é promovido pola Deputación da Coruña e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O seu obxectivo consiste en diminuír os niveis de desemprego da provincia a través da mellora profesional das persoas desempregadas e o apoio ao autoemprego. As áreas formativas ás que...

Por mor dunhas obras de reparación na Depuradora de Rianxo (EDAR), que contan cos permisos medioambientais oportunos, a empresa AQUAGEST concesionaria da EDAR vai iniciar durante doce días, a comezar desde o 15 de abril, traballos de baleirado dos depósitos. Neste senso tamén indicar se informou destas obras á Confraría de Pescadores de Rianxo para o seu coñecemento. Durante estes días...

O concello de Rianxo, xunto coa Deputación da Coruña van poñer en marcha unha experiencia que ten como finalidade promover a compostaxe caseira. Máis da metade do lixo que xeramos é materia orgánica, residuos procedentes da limpeza de hortalizas e outros elementos da cociña, restos de comida, papel alimentario de envolver, e restos de plantas da casa ou do xardín. Esta materia ascende...

A Lei 1/1993, de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Cautividade, o Decreto 153/98 de abril, de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Cautividade, e as Ordenanzas de Animais de Compañía e de Animais Potencialmente Perigosos, do Concello de Rianxo; establecen: A obrigatoriedade dos propietarios de todos os cans de levalos suxeitos con correa e con buceiro cando o fagan...

Durante o período comprendido entre o 15 de marzo  e o 20 de maio do exercicio 2013, de acordo co que dispoñen os artigos 24 e 68 do vixente Regulamento Xeral de Recadación, terá lugar a cobranza en período voluntario dos seguintes tributos: Taxa por servicios de recollida de lixo, correspondente ó primeiro cuadrimestre do 2013 Imposto sobre vehículos de tracción mecánica,...

Co obxecto de facilitar o pago anual do Imposto de Bens Inmobles (IBI) correspondente a 2013, informase da posibilidade de efectuar o pago en dous prazos. Calquera titular dun inmoble e/ou propiedade pode facer uso desta posibilidade. A solicitude efectuarase antes do 28 de febreiro. O fraccionamento realizarase en dúas cotas a cobrar mediante domiciliación bancaria, cuxos vencementos...

Veciños e veciñas, celebramos unha vez máis o 25 de xullo, o Día da Patria Galega, data na que nos recoñecemos todos e todas como pobo, coa nosa identidade e historia, coa nosa língua, baixo a nosa bandeira. Son símbolos que nos dan forza colectiva e que hoxe deben ser tamén o alicerce da resistencia cívica ao desmantelamento de todo o sistema de estado do benestar. Un 25 de xullo hoxe...

O Concello de Rianxo vai levar a cabo a contratación de oito persoas para o Servizo de vixilancia de praias, que consistirá na realización de tarefas de vixilancia (salvamento e socorrismo) e control medio ambiental (retirada de obxectos ou elementos que podan causar perigos ou danar o entorno) nas praias do Concello de Rianxo. Este programa contará cun equipo de oito persoas, composto por 1...

Durante o período comprendido entre o 2 de xullo  e o 3 de setembro do exercicio 2012, de acordo co que dispoñen os artigos 24 e 68 do vixente Regulamento Xeral de Recadación, terá lugar o cobramento en período voluntario dos seguintes tributos: Taxa por servizos de recollida de lixo, correspondente ó segundo cuadrimestre do 2012 Lugar de Ingreso: Oficinas Novagalicia...

— Resultados por páxina
Mostrando 15 resultados.