HORARIOS - Concello de Rianxo
INFORMACIÓN XERAL
Praza de Rafael Dieste 1, Rianxo
biblioteca@concelloderianxo.gal
Teléfonos 981 860 272 - 667 185 58
INVERNO:
Martes a venres de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 h
Sábados de 11:00 a14:00 h
VERÁN (15 xuño-15 setembro):
Luns a venres de 09:00 a 14:00 h
Biblioteca Municipal
Café con libros na biblioteca municipal de Rianxo o próximo mércores 10 de abril as 17:00h. Contaremos coa presenza de: Xulian Bustelo (alcalde de Rianxo) Pilar Sampedro Martínez (autora) Carlos Cimadevila (Memoria Histórica do Barbanza) Lembrade que estamos no auditorio de Rianxo mentres o edificio está en obras.
Este xoves 29 de decembro, ás 19.00 h, na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo, celebrarase o Café científico- literario "Tesouro Espeleolóxico Galego", que contará coa presenza de Tereixa Otero e Xavier Groba (Club Espeleolóxico MAÚXO) e coa poeta Alba Cid. O Tesouro Espeleolóxico Galego é unha iniciativa de aCentral Folque subvencionada pola Deputación da Coruña na convocatoria de...
A caixa sen Pandora Teatro Ghazafelhos Biblioteca municipal de Rianxo Venres 16 de decembro de 2022 as 18:00h Público intantil e familiar maior de 4 anos Que pasaría se Pandora non abrira a súa caixa? Un divertido espectáculo no que se fala de distintas mulleres, mulleres universais en xeral e mulleres galegas en particular.
Os xoves 15 de decembro as 20:00 na Biblioteca Municipal, Esperanza Mara ofrecerá un faladoiro no que tratarase a violencia de xénero a través da literatura existente e a través da voz. Neste espazo de convivio traballarase a Violencia a través das voces, das e dos participantes así como de libros de referencia, convinándo coa aprendizaxe das características da nosa propia voz e de metáforas. ...
Contacontos "As viaxes fantásticas dunha maleta" venres 28 de outubro as 18:00h na biblioteca municipal de Rianxo Dirixido a público infantil e familiar a partir de 3 anos A través de contos e cancións. Carlota a maleta, ten moito conto, é o quen ten ser viaxada! Mil e unha aventuras vai a compartir cos nenos e nenas valentes que acepten o desafío de coller o mapa e saír polo mundo adiante...
Contacontos "A gran pequena inventora" Venres 21 de outubro as 18:00h na biblioteca municipal de Rianxo. A Laura encántalle inventar cousas. A pesar de que Laura é pequena é unha gran inventora; pero, para que as súas creacións funcionen, precisamos da vosa axuda! Colabora Xunta de Galicia dentro do programa Ler conta moito con Trémola teatro e Paula Regueiro
Tes entre 0 e 200 anos? Coñeces ou gustaríache coñecer ata o último recuncho da biblioteca municipal de Rianxo? Pois anótate no "Obradoiro de participación cidadá" que se celebrará os días 27, 28 e 29 de decembro de 10:00 a 14:00 na Biblioteca Municipal de Rianxo. De maneira amena e didáctica formarás parte da futura Re-contrucción da biblioteca municipal sendo arquitectos por un día e...
Xoves 2 de decembro as 18:00 horas no auditorio de Rianxo teremos un novo contacontos. As entradas son gratuítas, previa reserva de localidades no correo biblioteca@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 667 185 581 .A reserva será efectiva cando se confirme dende a biblioteca municipal de Rianxo. A trastenda dos contos Sinopse: O Planeta M’BURRO é (como o nome ben di) moi...
Xoves 14 de outubro as 18:00h, "Xoves da Biblioteca" con "Fantasía musical" para cativada a partir de 4 anos. As entradas son gratuítas, previa reserva de localidades no correo biblioteca@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 667 185 581 ata as 20.00 horas do mércores 13 de outubro. A reserva será efectiva cando se confirme dende a biblioteca municipal de Rianxo.
Xoves 7 de outubro as 18:00h, "Xoves da Biblioteca" onde teremos "historias con susto para durmir a gusto" para cativada a partir de 4 anos. Vero Rilo e Sonsoles Penadique dúas grandes contadoras de historias cheas de medo e risas a partes iguais. As entradas son gratuítas, previa reserva de localidades no correo biblioteca@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 667 185...
Xoves 30 de setembro as 18:00h, primiero "Xoves da Biblioteca" onde nos acompará Pablísimo co contacontos "O arquivo do Chibo" para cativada a partir de 4 anos. As entradas son gratuítas, previa reserva de localidades no correo biblioteca@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 667 185 581 ata as 20.00 horas do mércores 29 de setembro. A reserva será efectiva cando se confirme dende...
Este espectáculo está configurado a partir da primeira novela-CD da literatura galega "Estamos no verán!!!", que nos conta a historia duns amigos que no verán queren formar un grupo de música. Este é un espectáculo absolutamente participativo, onde se mesturan a música (cunha gran variedade de estilos como o funk, o rock, o pop, o reggae ou a bossa nova) con elementos teatrais ou de clown. ...
Outro xoves da Biblioteca. Xoves, 15 de outubro, ás 18:00 h no Auditorio de Rianxo. Reserva a túa praza. A entrada é de balde previa reserva en: biblioteca@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 667 185 581, do 08 ao 15 de outubro de 11.00 h a 20.00 h. É preciso indicar de todas as persoas para as que se solicita reserva a seguinte información: nome completo, teléfono e se son...
XOVES DA BIBLIOTECA. A máquina do tempo por teatro Ghazafelhos xoves 8 de outubro as 18:00h A doutora Mon e o seu axudante Pe, logran construír unha máquina do tempo coa que nos amosaran a verdadeira historia das civilizacións mandando a Pe e a “algún voluntario ou voluntaria” a distintas épocas da nosa historia. A entrada é de balde previa reserva en: biblioteca@concelloderianxo.gal...
Xogando coa música é un conto que fala dunha soprano que tivo a desgracia de que un rapaz se rira dela nunha actuación e non conseguía volver a cantar ata que o polvo Neón e o peixe don Feixe lle deron a solución: pasar un día coa serea Medea para voltar a recuperar a través dunha serie de actividades a ilusión e a vontade de cantar. poderá voltar a cantar? Esperanza Mara será a nosa soprano...
En "Cambia o conto" (Música Miúda) traballamos os estereotipos de xénero nos contos tradicionais. A nenas e os nenos analizan contos que xa coñecen e refán a historia coa nosa axuda, adaptándoa a unha realidade inclusiva en termos de xénero. Ademais, realizamos un contacontos musical a partir de textos propios, que teñen unha perspectiva igualitaria. Día: sábado, 26 de outubro Hora:...
Gale, a historia da lingua sábado 19 de outubro as 12:00h na Biblioteca Municipal de Rianxo Adaptación de As Aventuras de Gale, baseada na obra «Historia da Lingua Galega, do latín ao acento de Burgos» de Pepe Carreiro. Unha proposta con monicreques, sombras e narración oral na que Gale (lingua galega) nos guiará a través da súa historia para entender a súa situación actual e tratar de...
Contacontos Venres 18 de outubro as 18:00 na Biblitoteca Municipal de Rianxo a cargo de Atenea García. Para crianzas a partir de 3 anos. Estrafalaria é un especaculo o que combina a narración oral coa manipulación de obxectos onde o público participa activamente do relato. A personaxes que interveñen na historia caracterizanse pola súa peculiaridade e levan a diferenza como bandeira. As...
Sesión de contacontos para bebés entre 6 meses e 4 anos. Incrición previa: biblioteca@concelloderianxo.gal 981 860 272 – 667 185 581 ou no enlace https://forms.gle/B5bPCvL4QTjZ6crt7 Na propia biblioteca municipal Cris de Caldas, como contadora, acompañada de Xabi do Camiño que pon a nota musical Kenka un kenko! pediu a nena. Kenka un kenko!! berrou a nena. Kenka un kenko!!!...
Descubre o mundo dos Booktubers. Es maior de 14 anos ou adult@. Reserva a túa para no obradoiro de Booktubers do próximo venres 19 de outubro as 18:00h. Pódes incribirte no seguinte formulario. https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScL5N-g-4blM_j3KNRYaTFMNowRQVT2ZxHbkxmhjPPLCFZrRg/viewform?usp=sf_link Save
A compañía Pavís Pavós presenta unha nova actividade para bebés: PALMA REPALMA. Inclúese dentro da programación do programa Apego e conta coa colaboración da Biblioteca municipal de Rianxo. Trátase dun obradoiro de contos, xogos, cantos e arrolos, que baixo o título de Palma, repalma pretende achegar ás familias recursos para se divertiren na nosa lingua. A actividade desenvolverase na...
Obradoiros literarios de verán da Residencia de escritoras/es Presentamos conxuntamente dous dos obradoiros literarios que serán realizados este verán, entre os meses de agosto e setembro, ofrecidos polo escritor arxentino Pablo Sanguinetti e o narrador navarro Javier Serena. Dúas das catro persoas participantes na convocatoria estival do Programa de Residencias de escritoras/es e...
"Song of myself / Canto de min mesmo" é un obradoiro de escrita conducido polo poeta irlandés Keith Payne, como parte das actividades realizadas dentro do programa da Residencia de Escritoras/es, organizado por Axóxere Editora e o Concello de Rianxo. O escritor, gran impulsor da oralidade no feito poético, inspirado pola antiga liñaxe irlandesa dos *seanchaí* (cantores errantes que percorrían o...
“CONTANDO CON ROSALÍA”, CONTOS E POESÍA PARA O APEGO O Servizo de Normalización Lingüística e mais a Biblioteca Municipal de Rianxo organizan unha actividade para celebrar a data do nacemento de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro de 1837. A narradora oral, actriz e ilustradora Marisa Irimia, presenta o espectáculo “Contando con Rosalía”, un achegamento á poesía e á narración oral dun xeito...
Queres saber como funcionan os submarinos? Ou queres construír un ti mesma?? Obradoiro de Submarinos. Sábado 13 de maio, ás 12:00 h na Biblioteca Municipal de Rianxo. Queres saber como funcionan os submarinos? Ou queres construír un ti mesmo?? Autores de ciencia ficción e científicos conflúen neste obradoiro e danlle forma a unha actividade para intentar comprender o concepto de...
Como todas as galiñas do mundo. Rosiña pon ovos, pero non son uns ovos normais. Os ovos de Rosiña son ovos de conto. Traemos unha ducia a Biblioteca? Sábado 1 de abril a partir das 12:00h teremos un Contacontos+Obradoiro . Para celebrar o día do libro infantil e xuvenil. E necesario inscrición previa neste enlace ou na propia biblioteca. ...