Biblioteca Municipal

- A trastenda do contos - Concello de Rianxo

BIBLIOTECA MUNICIPAL

INFORMACIÓN XERAL

Praza de Rafael Dieste 1, Rianxo

biblioteca@concelloderianxo.gal

Teléfonos  981 860 272  -  667 185 58

INVERNO:
​​​​​​​Martes a venres de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 h
Sábados de 11:00 a14:00 h

VERÁN (15 xuño-15 setembro):
​​​​​​​Luns a venres de 09:00 a 14:00 h

 

Biblioteca Municipal

A trastenda do contos

Xoves 2 de decembro as 18:00 horas no auditorio de Rianxo teremos un novo contacontos.

As entradas son gratuítas, previa reserva de localidades no correo biblioteca@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 667 185 581 .A reserva será efectiva cando se confirme dende a biblioteca municipal de Rianxo.

A trastenda dos contos

Sinopse:

O Planeta M’BURRO é (como o nome ben di) moi aburrido. Alí todo é monótono, todo o mundo viste igual, as comidas saben todas ao mesmo, as familias teñen sempre os mesmos compoñentes,... Cando un M’burrido ven de expedición intergaláctica ó noso Planeta Terra, observa que aquí gústanos moito a diversidade,... e o máis curioso, as familias non son todas idénticas: Hai familias cunha nai e un pai, familias con dúas nais, con dous pais, familias monoparentais,... O que nun comezo lle parece algo estrano este dersorden e caos acaba convertíndose en riqueza cultural e sensación de fresca liberdade que lle leva a reprantexarse todo o que sempre deu por feito.