Biblioteca Municipal

- Animación á lectura na Biblioteca Pública Municipal - Concello de Rianxo

BIBLIOTECA MUNICIPAL

INFORMACIÓN XERAL

Praza de Rafael Dieste 1, Rianxo

biblioteca@concelloderianxo.gal

Teléfonos  981 860 272  -  667 185 58

INVERNO:
​​​​​​​Martes a venres de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 h
Sábados de 11:00 a14:00 h

VERÁN (15 xuño-15 setembro):
​​​​​​​Luns a venres de 09:00 a 14:00 h

 

Biblioteca Municipal

Animación á lectura na Biblioteca Pública Municipal

No marco do Programa Letras Vivas da Rede de Bibliotecas de Galicia van desenvolverse na Biblioteca Pública Municipal dúas propostas diferentes:

Recital didáctico. Todas as nosas letras. Elvira Riveiro Tobío, o venres 18 de maio, 20.30 h, dirixido ao público adulto.

Elvira Riveiro realizará un percorrido lírico de 1963 a 2012, conmemorando os 50 anos do Día das Letras Galegas a través de diferentes poetas homenaxeados/as.

Descarga do cartel

Teatro de autor. Coñece a Rosalía de Castro, o sábado 19 de maio, 12.00 h, dirixido ao público familiar.

Unha actriz profesional no papel da nosa escritora fará que os participantes coñezan unha Rosalía que ri, que xoga, que soña, que canta a Galicia. Unha Rosalía que nos leva a un mundo cheo de palabras, de poemas e risas mediante diferentes xogos de creación literaria. Un xeito divertido e moi participativo de achegar a nosa literatura aos máis novos.

Descarga do cartel