Biblioteca Municipal

- Contando con Rosalía - Concello de Rianxo

BIBLIOTECA MUNICIPAL

INFORMACIÓN XERAL

Praza de Rafael Dieste 1, Rianxo

biblioteca@concelloderianxo.gal

Teléfonos  981 860 272  -  667 185 58

INVERNO:
​​​​​​​Martes a venres de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 h
Sábados de 11:00 a14:00 h

VERÁN (15 xuño-15 setembro):
​​​​​​​Luns a venres de 09:00 a 14:00 h

 

Biblioteca Municipal

Contando con Rosalía

“CONTANDO CON ROSALÍA”, CONTOS E POESÍA PARA O APEGO

O Servizo de Normalización Lingüística e mais a Biblioteca Municipal de Rianxo organizan
unha actividade para celebrar a data do nacemento de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro
de 1837.
A narradora oral, actriz e ilustradora Marisa Irimia, presenta o espectáculo “Contando
con Rosalía”, un achegamento á poesía e á narración oral dun xeito lúdico, divertido e
saboroso, no que se combinan rimas, poesías e contos para conmemorar o aniversario do
nacemento de Rosalía e achegarlle á rapazada rianxeira esta figura senlleira da nosa
cultura e da nosa literatura.
A actividade está dirixida á rapazada de 4 a 11 anos e vai celebrarse o venres 23 de
febreiro, ás 17.30 h na biblioteca municipal.
Para participar cómpre anotarse previamente no Servizo de Normalización Lingüística, no
teléfono 881 988 891 ou no correo-e: normalizacion@concelloderianxo.gal
Esta sesión de poemas e contos para compartir está incluída nas actividade do programa
Apego, de dinamización lingüística da primeira infancia. E vai ser unha excelente
oportunidade de transmitirlles ás máis pequenas da casa a sensibilidade pola poesía e
mostrarlles a musicalidade da poesía da nosa poeta nacional, Rosalía de Castro.

Save