Biblioteca Municipal

- Conto-concerto con Xoán Curiel - Concello de Rianxo

BIBLIOTECA MUNICIPAL

INFORMACIÓN XERAL

Praza de Rafael Dieste 1, Rianxo

biblioteca@concelloderianxo.gal

Teléfonos  981 860 272  -  667 185 58

INVERNO:
​​​​​​​Martes a venres de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 h
Sábados de 11:00 a14:00 h

VERÁN (15 xuño-15 setembro):
​​​​​​​Luns a venres de 09:00 a 14:00 h

 

Biblioteca Municipal

Conto-concerto con Xoán Curiel

Este espectáculo está configurado a partir da primeira novela-CD da literatura galega "Estamos no verán!!!", que nos conta a historia duns amigos que no verán queren formar un grupo de música. Este é un espectáculo absolutamente participativo, onde se mesturan a música (cunha gran variedade de estilos como o funk, o rock, o pop, o reggae ou a bossa nova) con elementos teatrais ou de clown.

Outro xoves da biblioteca

Xoves 22 de outubro as 18:00 h no Auditorio de Rianxo.

Reserva a túa praza.

A entrada é de balde, previa reserva en:

biblioteca@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 667 185 581, do 15 ao 22 de outubro de 11.00 h a 20.00 h. É preciso indicar de todas as persoas para as que se solicita reserva a seguinte información: nome completo, teléfono e se son conviventes. A reserva efectuarase unicamente cando se confirme desde a biblioteca municipal de Rianxo.

#concelloderianxo #lercontamoito #aculturasegue #barbanza #arousanorte #rianxo #rededebibliotecasdegalicia #bibliotecasmunicipaisdegalicia