Trámites

- Cambio ao dominio puntoGAL da Sede Electrónica - Concello de Rianxo

Trámites en liña

Guía de tramitación electrónica

Con esta guía, o Concello de Rianxo pretende achegar á veciñanza os medios tecnolóxicos que están á súa disposición para faceren trámites dende a casa, dende o móbil, dende calquera lugar, sen se teren que achegar ás oficinas: presentar documentación, recibila, pagar recibos ou avisar de carencias ou desperfectos.

A tecnoloxía permite ás empresas e persoas autoempregadas, asemade, emitir facturas e participar dos procesos de licitación de forma totalmente electrónica, sen colas nin desprazamentos.

 

A Sede Electrónica permite á cidadanía efectuar os seus trámites co concello de forma telemática, as 24 horas dos 365 días do ano.
O Rexistro Electrónico Xeral da administración do Estado permite presentar documentación en calquera administración integrada no Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR).
O SIR permite presentar documentación nas oficinas habilitadas con destino a calquera outro organismo integrado no sistema. O organismo receptor  recibirá a documentación de forma instantánea.
As persoas que rexistran solicitudes no concello poden solicitar ser notificadas de forma telemática a través da plataforma Notific@.
O Rexistro Electrónico de Apoderamentos permite autorizar persoas físicas a actuar en nome doutras persoas físicas ou xurídicas nas relacións coas AA.PP.
O punto de entrada xeral de facturas electrónicas permite ás provedoras presentar as facturas destinadas ao concello de forma telemática.
Listaxe de unidades tramitadoras
É a plataforma de licitación electŕonica na que o Concello de Rianxo publica os procesos de contratación e as empresas licitantes presentan electronicamente as súas ofertas.
O punto de consulta dos procedementos de contratación das administracións públicas de Galicia contén as publicacións das licitacións do Concello de Rianxo ata maio de 2018.
Pasarela de banca electrónica para o pagamento de tributos e recibos municipais para os que se emitiu un recibo.
Liña verde é unha plataforma dispoñible vía web e en app móbil que permite enviar incidencias e avisos ao concello e manterse informado sobre a evolución da incidencia.

 

TRÁMITES

Cambio ao dominio puntoGAL da Sede Electrónica

O dominio da Sede Electrónica do Concello de Rianxo cambia a sede.concelloderianxo.gal . O cambio faise efectivo aproveitando a renovación dos certificados dixitais da Sede Electrónica, que ata o de agora mantíñase no antigo dominio sede.concelloderianxo.es.

Sumado a isto, ao longo dos primeiros meses do ano abordarase por parte da Deputación da Coruña unha renovación importante da Sede Electrónica para facela máis doada de utilizar e máis compatible con diversas plataformas dixitais, como os sistema baseados en Unix (Linux, iOS...), e outros navigadores como Mozilla Firefox ou Google Chrome, ao tempo que se desacopla de compoñentes dependentes do navegador web coma os plug-ins de Adobe Reader ou Java.

A Sede Electrónica municipal permite aos cidadáns realizar os seus trámites por internet de forma telemática.

 

Sede Electrónica do Concello de Rianxo