- Liña Verde, unha app para comunicáreste co teu Concello - Concello de Rianxo
Guía de tramitación electrónica
Con esta guía, o Concello de Rianxo pretende achegar á veciñanza os medios tecnolóxicos que están á súa disposición para faceren trámites dende a casa, dende o móbil, dende calquera lugar, sen se teren que achegar ás oficinas: presentar documentación, recibila, pagar recibos ou avisar de carencias ou desperfectos.
A tecnoloxía permite ás empresas e persoas autoempregadas, asemade, emitir facturas e participar dos procesos de licitación de forma totalmente electrónica, sen colas nin desprazamentos.
A Sede Electrónica permite á cidadanía efectuar os seus trámites co concello de forma telemática, as 24 horas dos 365 días do ano. | |
O Rexistro Electrónico Xeral da administración do Estado permite presentar documentación en calquera administración integrada no Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR). | |
O SIR permite presentar documentación nas oficinas habilitadas con destino a calquera outro organismo integrado no sistema. O organismo receptor recibirá a documentación de forma instantánea. | |
As persoas que rexistran solicitudes no concello poden solicitar ser notificadas de forma telemática a través da plataforma Notific@. | |
O Rexistro Electrónico de Apoderamentos permite autorizar persoas físicas a actuar en nome doutras persoas físicas ou xurídicas nas relacións coas AA.PP. | |
O punto de entrada xeral de facturas electrónicas permite ás provedoras presentar as facturas destinadas ao concello de forma telemática. Listaxe de unidades tramitadoras | |
É a plataforma de licitación electŕonica na que o Concello de Rianxo publica os procesos de contratación e as empresas licitantes presentan electronicamente as súas ofertas. | |
O punto de consulta dos procedementos de contratación das administracións públicas de Galicia contén as publicacións das licitacións do Concello de Rianxo ata maio de 2018. | |
Pasarela de banca electrónica para o pagamento de tributos e recibos municipais para os que se emitiu un recibo. | |
Liña verde é unha plataforma dispoñible vía web e en app móbil que permite enviar incidencias e avisos ao concello e manterse informado sobre a evolución da incidencia. |