Concellería de Promoción económica, Desenvolvemento local e Comercio
A Consellería de Medio Rural vén de convocar unha liña de axudas para proxectos cooperativos no rural que inclúen: a posta en marcha de “laboratorios cooperativos” no rural (iniciativas de formación, identificación de oportunidades e asesoramento ás persoas emprendedoras), e o apoio a proxectos empresariais colectivos.
A creación de laboratorios cooperativos pode ser solicitada por Concellos, mancomunidades, consorcios locais, asociacións de entidades de economía social ou asociacións e fundacións que teñan entre os seus fins a promoción do cooperativismo e do emprendemento.
As axudas para a súa creación poden solicitarse ata o 9 de xullo.
A segunda liña das axudas vai destinada á creación de cooperativas ou sociedades laborais de nova creación, constituídas a raíz da participación nun laboratorio cooperativo e que teñan o seu domicilio social nun concello rural de Galicia. As persoas que creen a cooperativa ou sociedade deberán ser desempregadas e demandantes de emprego.
As solicitudes para esta liña de axudas poderán presentarse ata o 1 de outubro do 2018.
Pódese consultar nesta ligazón o DOG núm. 108 coa convocatoria.