Durante o período comprendido entre o 22 de marzo e o 22 de maio do exercicio 2019, de acordo co disposto nos artigos 24 e 68 do vixente Regulamento xeral de recadación, terá lugar a cobranza en período voluntario dos seguintes tributos:
Lugar de ingreso: oficinas de Abanca e resto de entidades colaboradoras
Cargos de recibos domiciliados:
Os documentos de ingreso das liquidacións non domiciliadas en contas de entidades financeiras enviaranse por correo ordinario aos domicilios dos contribuíntes. Este envío non ten carácter de notificación, polo que a non recepción non exime os contribuíntes da súa obriga de ingreso da débeda no prazo sinalado. Se algún contribuínte non recibe no seu domicilio algún dos documentos de ingreso que precisa, poderá solicitalo nas oficinas de Recadación deste Concello.
Esgotado o prazo do período voluntario, os débitos que nel non fosen satisfeitos quedarán incursos automaticamente, primeiro, no recargo executivo do cinco por cento, segundo, no recargo de apremio reducido do dez por cento e terceiro, no recargo ordinario do vinte por cento e xuros de demora, e procederase ao seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento, de acordo cos preceptos do mencionado Regulamento xeral de recadación.