Bandos Informativos

- Bando informativo sobre as medidas de contención da doenza COVID-19 - Concello de Rianxo

Bandos Informativos

Bando informativo sobre as medidas de contención da doenza COVID-19

O Concello de Rianxo e a Xunta de Portavoces quere comunicar a súa veciñanza que vai tomar medidas de prevención e loita contra a pandemia do Coronavirus COVID-19 que estamos a sufrir.

A partir deste 13 de marzo todas as actividades municipais, deportivas, culturais e de servizos sociais quedan suspendidas durante os vindeiros 15 días, condicionado á evolución da enfermidade.  Afectados os seguintes centros municipais: OFICINA DE TURISMO, INSTALACIÓNS DEPORTIVAS (PAVILLÓNS, PISCINA E CAMPOS DE FÚTBOL), AUDITORIO, CENTROS CULTURAIS, LICEO MARÍTIMO, BIBLIOTECA, MERCADILLO E MUSEOS.

Solicitamos a colaboración da veciñanza para que a atención ao publico nas dependencias municipais se limite a casos de extrema necesidade, chamando con anterioridade para concertar a presenza no concello e realización preferente dos trámites a través da sede electrónica municipal, https://sede.concelloderianxo.gal/  ou vía telefónica no 981860075.

Recoméndase por conseguinte a non celebración de actividades das asociacións e entidades do Concello durante os vindeiros 15 días, condicionado á evolución da enfermidade.

O concello pide a veciñanza a solidariedade e comprensión con estas e outras medidas, colabore na loita co virus, atendendo as recomendacións do Ministerio de Saúde, Consellería de Saúde e do Concello de Rianxo, o cal estará en constante comunicación e colaboración co SERGAS. Neste senso lembrar:

  • Non facer viaxes e desprazamentos que non se consideren imprescindibles, evitando a toda costa a zonas de máxima concentración do virus.
  • Non visitar centros de maiores, tanatorios, hospitais, centros médicos a excepción de casos de extrema necesidade.
  • Lavado con frecuencia das mans e cara con auga e xabón, e evite todo contacto físico con outras persoas e aglomeracións de xente.
  • Sigan as instrucións ditadas polo Ministerio de Sanidade e a Consellería de Sanidade, e no caso de ter algún síntoma contactar co 900 400 116.

O que se fai publico para o seu coñecemento e debido cumprimento

​​​​​​​