Concellería de Promoción económica, Desenvolvemento local e Comercio
Mercar no comercio de proximidade é a mellor forma de previr a crise económica e xerar riqueza que repercute no concello, na veciñanza, no tecido comercial e tamén no social.
O comercio de proximidade, o das nosas veciñas e o dos nosos veciños, estivo aí para nós durante a crise sanitaria. A mellor forma de agradecérllelo é mercar nas súas tendas e contratar os seus servizos.
Inviste en Rianxo. Merca no comercio local.