O programa, que se descentralizará polo municipio ao espallar a súa oferta por espazos como o Auditorio Municipal, a Casa da Cultura Cuartel Vello, os soportais da praza Castelao, o Centro Social da Atalaia-Asados, o Centro Sociocultural do Araño ou o Centro Cultural e Deportivo de Taragoña, poderase seguir integramente a través da rede para garantir o máximo acceso ao público no contexto das restricións sanitarias. - O Festival Titiriberia celebrará en Rianxo entre o 22 e 30 de decembro a súa quinta edición - Concello de Rianxo