Novas Tecnoloxías

- A rede europea WiFi4EU entra en funcionamento en Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

A rede europea WiFi4EU entra en funcionamento en Rianxo

O Concello de Rianxo completou o despregue dos 10 puntos de acceso no noso municipio que conforman a rede pública aberta WiFi4EU. A Axencia Executiva de Innovación e Redes (INEA) da Comisión Europea subvenciona a adquisición do equipamento con 15.000 €, que o Concello completa con 21.749,44 € de fondos propios para garantir o subministro de datos durante os tres vindeiros anos.

A iniciativa WiFi4EU promove o libre acceso da cidadanía a conexións wifi abertas e gratuítas en espazos públicos de municipios de toda Europa.

As áreas cubertas polos puntos de acceso en espazos públicos son os seguintes:

  1. Campo de Arriba (Rianxo)
  2. Parque de Galicia - Auditorio (Rianxo)
  3. Praza Virxe de Guadalupe (Rianxo)
  4. Parque da Martela (Rianxo)
  5. Praia da Torre - Castelo da Lúa (Taragoña - Rianxo)
  6. Campo de Pazos (Taragoña)
  7. Centro Social da Capela (O Araño)
  8. Casa da República (Isorna)
  9. Centro Cultural Vicente Vidal (Leiro)
  10. A Atalaia (Asados)