Novas Tecnoloxías

- Actividades sobre ciberseguridade e videoxogos nos centros de ensino - Concello de Rianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

Actividades sobre ciberseguridade e videoxogos nos centros de ensino

O Concello de Rianxo organiza dúas actividades nos centros escolares municipais ao longo dos meses de maio e xuño, dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de Primaria.

A primeira actividade é un relatorio sobre seguridade e tecnoloxía: "Non enredes nas redes: virus, videoxogos, hackers e youtubers...". Un percorrido pola historia das ameazas e perigos nas redes relacionadas co lecer das crianzas: videoxogos, redes sociais e contidos na rede.

A segunda actividade é un obradoiro de elaboración dun videoxogo sen coñecementos de programación, e no que, desde cero, as crianzas poderán construír, en moi pouco tempo, un pequeno videoxogo para dispositivos móbiles.

A primeira xornada terá lugar o venres 7 de maio no CEP Brea Segade de Taragoña.

O 8 de xuño será a quenda do CEIP Ana María Diéguez.

Para rematar, os días 14, 15 e 16 de xuño a actividade irá dirixida ao alumnado de 6º do CEP Castelao de Rianxo.