Novas Tecnoloxías

- Consulta pública sobre deficiencias na cobertura 4G - Concello de Rianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

Consulta pública sobre deficiencias na cobertura 4G

A Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais (SETELECO) somete á consulta de todas as partes interesadas (operadoras, administracións públicas, CNMC...) a relación preliminar de zonas nas que se identificou que non existe na actualidade cobertura das redes de comunicacións móbiles 4G de calidade.

O obxecto da consulta é a obtención dun mapa definitivo de zonas elixibles para a concesión de axudas públicas do Estado para a realización de proxectos de provisión de infraestruturas que posibiliten que os servizos de telecomunicacións podan prestar os seus servizos de comunicacións móbiles de alta velocidade.

Por isto, o Concello de Rianxo abre á consulta da veciñanza a identificación de zonas con construcións nas que non existe cobertura móbil 4G a unha velocidade mínima de 10 Mbps.

As zonas incluídas no mapa preliminar pódense consultar neste mapa. Trátase de Brión, Abuín, Tronco, As Cortes e A Ermida.

As veciñas e os veciños que queiran incorporar ao mapa definitivo que está a elaborar o dito ministerio novas zonas de baixa cobertura, poderán facelo enchendo este formulario, ata o 15 de agosto: