Museo do Mar de Rianxo
Casa Museo de Manuel Antonio
Praza Castelao 9, Rianxo
667185576
turismo@concelloderianxo.gal
Portal de información turística
A Área de Turismo do Concello de Rianxo organiza un roteiro guiado con prazas limitadas para dar a coñecer a historia e a devoción pola Moreniña no municipio rianxeiro. O lugar e hora de inicio da ruta será o indicado a continuación.
HORARIO E LUGAR DE INICIO: 15 de setembro - 11:00 - Diante da Capela da Guadalupe de Rianxo (Coordenadas: 42.653038, -8.818022 https://goo.gl/maps/1rdMqhGupEmjRWTz8 )
- INSCRICIÓN (OBRIGATORIA): Nos puntos de información turística de Rianxo ou no teléfono 604 023 753 (de luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 19, fin de semana de 10:30 a 14:30).
- Prazo límite de inscrición: ata 2 días antes da ruta. - Nº mínimo de persoas para a realización da ruta: 5. - Nº máximo total de persoas na ruta: 20. - Duración da ruta: de 1 h 30 min.
Medidas Anti-COVID:
- Obrigatorio o uso de máscara de prevención durante toda a actividade. - Distancia de seguridade entre participantes non convivintes durante toda a actividade. - Non poderán participar as persoas con sintomatoloxía compatible coa COVID-19. - Prohibido fumar, comer ou beber durante a actividade (agás auga de xeito puntual).
A inscrición implica a aceptación das medidas anti-Covid indicadas e das vixentes no Concello de Rianxo no momento de realizar cada ruta.
A inscrición implica a cesión de dereitos de imaxe para a realización de fotografías durante o roteiro e a posterior publicación como parte da promoción turística.