No nome da Corporación Municipal de Rianxo, os portavoces dos grupos políticos, BNG, PsdeG-PSOE e Partido Popular, expresan toda a solidariedade e colaboración nestes intres de intensa dor á Corporación Municipal de Santiago de Compostela, ás familias e amizades das víctimas.
Nuns momentos tan duros para a nosa capital, e en especial nesta data tan significada para a cidade e todo o país, reciban todo o noso agarimo e apoio. As nosas bandeiras en Rianxo ondean xa a media hasta en sinal de dó por esta traxedia.
En medio deste suceso dramático o noso recoñecemento pola actuación exemplar dos veciños de Angrois e, en xeral de toda a cidadanía compostelá e dos visitantes implicados masivamente na colaboración cos corpos de seguridade, sanitarios e de emerxencias.
Unha forte e solidaria aperta.