Turismo

O Concello de Rianxo presenta un programa de travesías en veleiro para o verán de 2022. - Travesías en veleiro dende Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN TURÍSTICA

Turismo

Travesías en veleiro dende Rianxo

O Concello de Rianxo presenta un programa de travesías en veleiro para o verán de 2022.

As 20 travesías marítimas sairán dende o Club Náutico de Rianxo e terán unha duración aproximada de unha hora e media, incluíndo dúas opcións, unha travesía mariñeira polas mañás e unha saída ao atardecer para gozar das paisaxes e o solpor na ría de Arousa. Os meses de xullo e agosto inclúen a meirande parte das saídas programadas, mentres que o xoves 15 de setembro, pecharase o programa de travesías o día do Feirón Mariñeiro.

A embarcación escollida é a Goleta Evangelina, con 110 anos de historia navegando pola costa galega. Ten capacidade para 12 prazas e alcanziluminacionesa os 18,70m de eslora, 5 de manga e 1,65 de puntal, con 2 grandes mastros sostendo as velas cadradas. O seu porto base é en Rianxo, e pódese contemplar a diario esta obra de arte, construída nunha carpintaría de ribeira e restaurada de xeito tradicional nos Estaleiros Catoira de Rianxo.

Travesía mariñeira

Terá lugar en horario de mañá a partir das 09:30 no Club Náutico de Rianxo para saír ás 10:00 e visitar tradicións e oficios mariñeiros da nosa ría, como é a cría do mexillón nas bateas.

Travesía atardecer

Terá lugar en horario de tarde-noite a partir das 20:30 no Club Náutico de Rianxo para saír ás 21:00 e gozar das paisaxes privilexiadas da ría máis grande e as panorámicas do solpor.

 

Datas e horario de saída:

Xullo:

                7 (10:00 Travesía mariñeira / 21:00 Travesía atardecer)

                9 (10:00 Travesía mariñeira / 21:00 Travesía atardecer)

                14 (10:00 Travesía mariñeira / 21:00 Travesía atardecer)

                27 (10:00 Travesía mariñeira / 21:00 Travesía atardecer)

                29 (10:00 Travesía mariñeira)

Agosto:

                3 (10:00 Travesía mariñeira / 21:00 Travesía atardecer)

                5 (10:00 Travesía mariñeira / 21:00 Travesía atardecer)

                10 (10:00 Travesía mariñeira / 21:00 Travesía atardecer)

                17 (10:00 Travesía mariñeira / 21:00 Travesía atardecer)

                24 (10:00 Travesía mariñeira / 21:00 Travesía atardecer)

Setembro

                15 (10:00 Travesía mariñeira)

 

Inscricións

É necesario inscribirse e recoller os billetes nos puntos de información turística de Rianxo, cos nomes de cada persoa e un teléfono de contacto.

Os billetes reserva presentaranse para o acceso á embarcación.

Prezo

Persoas adultas (a partir de 12 anos): 15€

Nenas/-os (de 0 a 11 anos incluídos): 10€

O pagamento realizarase na embarcación.

Punto de encontro:

Club Náutico de Rianxo, na caseta de vixilancia situada na marxe dereita de acceso.

Cómpre chegar media hora antes da saída da embarcación: ás 09:30 para as travesías mariñeiras e ás 20:30 para as travesías ao atardecer.

Teléfonos de información:

                Turismo de Rianxo: 604 023 753

                Tripulación da embarcación: 644 525 976