As redes de telefonía móbil de nova xeración 4G e 5G están a ser despregadas no noso concello.
Esta tecnoloxía utiliza as bandas de frecuencia dos 800 e 700 MHz, que poden provocar interferencias co sinal da Televisión Dixital Terrestre (TDT).
No caso de que o acendido dun destes novos nodos de telefonía móbil provoque problemas na recepción do sinal da TDT, o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital pon a disposición da cidadanía un recurso gratuíto para resolver todas as reclamacións relativas a problemas coa recepción da TDT.
Se é vostede parte afectada por este cambio e deixou de recibir adecuadamente o sinal de televisión, pode pórse en contacto coa entidade xestora designada en:
• Teléfono: 900 833 999 • Web: www.llega700.es
De ser necesario, este servizo enviará unha empresa instaladora autorizada aos domicilios afectados que cursen a reclamación para facérenlles a adaptación de forma gratuíta.