Turismo

Programa de rutas turísticas e culturais polo Concello de Rianxo. - Roteiros guiados por Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN TURÍSTICA

Turismo

Roteiros guiados por Rianxo

Programa de rutas turísticas e culturais polo Concello de Rianxo.

​​​​​​​

O Concello de Rianxo organiza un programa de roteiros guiados para dar a coñecer diferentes lugares de interese rianxeiros durante a tempada de verán. O lugar e hora de inicio de cada ruta serán os indicados a continuación.

10 de agosto – O CASTELO DA LÚA

10:30 – Peirao de Setefogas (Coordenadas: 42.653852, -8.818550)
Percorrido polo Paseo marítimo de Rianxo dende o Peirao de Setefogas ata a praia da Torre, con visita ao Castelo da Lúa. Durante o traxecto podemos ollar a praia do Pazo, a desembocadura do río Té, a cheminea da praia da Torre ou os monólitos e esculturas do paseo.

24 de agosto – O HÓRREO DO ARAÑO  

10:30 – Aparcadoiro do hórreo do Araño (Coordenadas: 42.694419, -8.800977)
Visita a varios dos elementos patrimoniais máis destacados da parroquia do Araño. Coñeceremos de preto o hórreo do Araño, o máis longo do mundo, e achegarémonos á casa reitoral e á igrexa de Santa Baia, para continuar cun percorrido pola aldea da Capela, onde se atopa o pazo dos Calote coa súa capela do Nadal.

31 de agosto – LEIRO NA HISTORIA

10:30 – Escola de Abuín (Coordenadas: 42.646662, -8.791688)
Percorrido para afondar nos elementos máis senlleiros da aldea de Brión, con visita aos petróglifos dos Mouchos e viaxe no tempo para coñecer a Aldea Esquecida de Abuín.

10 de setembro – A GUADALUPE EN RIANXO  

10:30 – Capela da Virxe de Guadalupe (campo de Arriba) (Coordenadas: 42.652964, -8.817925)
Visita aos lugares da vila de Rianxo con máis relación coa Guadalupe, con visita á capela da virxe de Guadalupe e á igrexa parroquial de Santa Comba de Rianxo.

Sábados 6, 13, 20 e 27 de agosto – ROTEIRO POR RIANXO

10:30 – Casa Museo de Manuel Antonio (rúa de Abaixo) (Coordenadas: 42.651609, -8.819093)
Paseo guiado por Rianxo para descubrir algúns dos lugares máis destacados da vila.

 

- INSCRICIÓN (necesaria): Nos puntos de Información turística de Rianxo ou no teléfono 604023753 (de luns a sábado de 10 a 14 e de 18 a 20, fin de semana de 10:00 a 14:00).
- Prazo límite de inscrición: ata 24 horas antes de cada ruta.
- N.º mínimo de persoas para a realización de rutas: 8.
- N.º máximo total de persoas: 30.
- Duración aproximada das rutas: arredor de 1h 30min.

A inscrición implica o consentimento para a publicación por parte da organización de imaxes realizadas durante as actividades.

Se calquera das actividades fose cancelada, avisarase  ás persoas inscritas por teléfono.