Turismo

O Concello de Rianxo organiza a Travesía mariñeira do Feirón, que clausura o programa de travesías en veleiro do verán de 2022. - Travesía mariñeira do Feirón - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN TURÍSTICA

Turismo

Travesía mariñeira do Feirón

O Concello de Rianxo organiza a Travesía mariñeira do Feirón, que clausura o programa de travesías en veleiro do verán de 2022.

O Concello de Rianxo organiza a Travesía mariñeira do Feirón o xoves 15 de setembro, que clausura o programa de travesías en veleiro do verán de 2022.

Esta travesía marítima sairá dende o Club Náutico de Rianxo e terá unha duración aproximada de unha hora e media, coincidindo co Feirón Mariñeiro do xoves das Festas da Guadalupe.

A embarcación escollida é a Goleta Evangelina, con 110 anos de historia navegando pola costa galega. Ten capacidade para 12 prazas e alcanza os 18,70m de eslora, 5 de manga e 1,65 de puntal, con 2 grandes mastros sostendo as velas. O seu porto base é en Rianxo, e pódese contemplar a diario esta obra de arte, construída nunha carpintaría de ribeira e restaurada de xeito tradicional nos Estaleiros Catoira de Rianxo.

Travesía mariñeira

A actividade terá lugar en horario de mañá a partir das 09:30, con encontro no Club Náutico de Rianxo (caseta de vixilancia) para saír ás 10:00 e visitar tradicións e oficios mariñeiros da nosa ría, como é a cría do mexillón nas bateas entre outras actividades. 

Data e horario de saída:

15 de setembro (09:30)

Inscricións:

É necesario inscribirse e recoller os billetes nos puntos de información turística de Rianxo, indicando os nomes de cada persoa e un teléfono de contacto.

Os billetes reserva entregaranse para o acceso á embarcación.

Prezo

Adultos (a partir de 12 anos): 15€

Nenas/-os (de 0 a 11 anos incluídos): 10€

O pagamento realizarase ao patrón, previo acceso á embarcación.

Punto de encontro:

Club Náutico de Rianxo, na caseta de vixilancia situada na marxe dereita de acceso.

Cómpre chegar media hora antes da saída da embarcación: ás 09:30.

Teléfonos de información:

                Turismo de Rianxo: 604 023 753

                Tripulación da embarcación: 644 525 976