Museo do Mar de Rianxo
Casa Museo de Manuel Antonio
Praza Castelao 9, Rianxo
667185576
turismo@concelloderianxo.gal
Portal de información turística
O Concello de Rianxo organiza a ruta de sendeirismo "As Trece Cruces", dentro do programa Goza do Ulla 2022, o sábado 8 de outubro.
O trazado previsto é unha ruta circular que percorre varios lugares destacados da contorna da desembocadura do río Ulla. Destaca a punta Patiño ou de Trece Cruces, onde se atopa un Vía Crucis marítimo-fluvial con fantásticas vistas e espazo de interese para a observación de aves. Tamén se bordeará o monte das Cercas, no que se atopan os restos dun castro. O percorrido permitiranos divisar a ría de Arousa e a marxe oposta pertencente aos municipios de Catoira e Vilagarcía, incluíndo a Illa de Cortegada.
Información da ruta: Data: 8 de outubro Hora de inicio: 09:30 h Lugar de inicio/fin: Escola unitaria de Quintáns (GPS: 42.667818, -8.741161) Duración (aprox.): 4 horas Distancia (aprox.): 11 Km
Inscricións (ata o martes 4 de outubro ás 12:00): Telf.: 604 023 753 Correo-e: turismo@concelloderianxo.gal
A inscrición na actividade supón a autorización para a realización e difusión de imaxes por parte da organización.
Non está permitido levar animais durante o percorrido desta actividade.