Biblioteca Municipal

- Obradoiro e faladoiro - Concello de Rianxo

BIBLIOTECA MUNICIPAL

INFORMACIÓN XERAL

Praza de Rafael Dieste 1, Rianxo

biblioteca@concelloderianxo.gal

Teléfonos  981 860 272  -  667 185 58

INVERNO:
​​​​​​​Martes a venres de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 h
Sábados de 11:00 a14:00 h

VERÁN (15 xuño-15 setembro):
​​​​​​​Luns a venres de 09:00 a 14:00 h

 

Biblioteca Municipal

Obradoiro e faladoiro

Os xoves 15 de decembro as 20:00 na Biblioteca Municipal, Esperanza Mara ofrecerá un faladoiro no que tratarase a violencia de xénero a través da literatura existente e a través da voz.

Neste espazo de convivio traballarase a Violencia a través das voces, das e dos participantes así como de libros de referencia, convinándo coa aprendizaxe das características da nosa propia voz e de metáforas.

Esperanza Mara é Licenciada en Canto Lírico e Violonchelo e cun Máster en Canto e outro en Investigación Musical. É unha artista e creadora multidisciplinar que actuou nas máis prestixiosas salas e teatros de España, Portugal e Francia. Crea EMANARTE, empresa que promove e divulga a música clásica en diferentes formatos e para diversos públicos así como busca a fusión con outros estilos.