Tríptico informativo
Guía de mobilidade
A Fundación Deloa pon en marcha un programa formativo gratuíto nos concellos de Rianxo, Dodro e Rois sobre Márketing Dixital e Cooperativismo, dirixido a persoas en situación de desemprego de 16 a 29 anos.
É unha oportunidade única para a inserción laboral e a posibilidade de formares parte da creación dunha nova cooperativa. Inclúe unha semana de estancia nunha empresa do sector.
Desenvolverase entre febreiro e xuño, en horario de tarde de 4 a 8 de luns a xoves. O prazo de inscrición é ata o 20 de febreiro na ligazón: https://www.deloa.es/marketing-dixital-cooperativismo/
Ata o 20 de febreiro aínda podes optar a formar parte deste proxecto do que poderá xurdir a túa propia cooperativa. Se tes entre 16 e 29 anos, non deixes pasar esta oportunidade formativa e laboral!