Actualidade

- Posta a punto dos areais municipais - Concello de Rianxo

Actualidade

Posta a punto dos areais municipais

A brigada de obras do Concello de Rianxo vén de realizar estes días a primeira posta a puntos dos areais municipais tras os temporais do inverno.

Como vén sendo tradicional, esta actuación realízase antes da Semana Santa para que a veciñanza acceda a estes espazos. Procúrase na limpeza separar tamén os residuos plásticos dos orgánicos. Tanxil, Quenxo, A Torre, O Pazo, Porto de Taragoña e As Cunchas son as praias nas que se intervén.