Novas Tecnoloxías

- Rianxo Gaming 2023: feira de videoxogos - Concello de Rianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

Rianxo Gaming 2023: feira de videoxogos

O Concello de Rianxo presenta o evento Rianxo Gaming Experience, unha feira sobre o mundo do videoxogo como produto cultural e de entretemento, tanto desde a divulgación de contidos educativos mediante charlas e talleres dirixidos, como tamén desde o ámbito competitivo dos eSports, ademais doutros contidos relacionados, como o Cosplay, PixelArt e postos de venda e gastronomía.

Haberá tamén espazo para a música en directo. A hora do xantar estará amenizada polos Funky Kongs con música de videoxogos, e a Banda da Escola de Música de Rianxo pechará a xornada cun concerto sinfónico de bandas sonoras de videoxogos.

​​​​​​​O evento está financiado polo Concello de Rianxo; a produción corre a cargo de Lua Gaming e conta coa participación da Fundación Museo do Videoxogo, Galicia Gamer e a asociación A Vella Escola, con talleres e actividades divulgativas, lúdicas e competitivas, que o equipo de Volvemos a Primera Producciones emitirá en streaming ao longo de toda a xornada.

Colaboran co evento varias empresas e entidades colaboradoras: A túa Xanela, Ramón y Óscar Tubío (ROT), Creade Impresión Digital, BEEP Rianxo, Mínimo Eventos, Librería Xacobiño, Librería Cándido e a Asociación A Moreniña.

Todo isto terá lugar o vindeiro 8 de xullo no Campo de Arriba (Praza Castelao), durante toda a xornada.

Podedes seguir todas as novidades sobre este evento no seu propio perfil @rianxogaming na rede social Instagram: https://www.instagram.com/rianxogaming/

O evento está aberto a máis colaboracións ou patrocinios publicitarios, a novas propostas de organización de actividades, e tamén á inscrición de persoas voluntarias que queiran participar na organización do evento. Mediante contacto co perfil social de Instagram ou no correo gamingrianxo@gmail.com podedes enviar as vosas propostas para a súa valoración.