Actualidade

- Dotación de Ascensor ao Centro Cultural de Taragoña - Concello de Rianxo

Actualidade

Dotación de Ascensor ao Centro Cultural de Taragoña

O Concello de Rianxo vén de asinar coa empresa CONSTRUCCIONES ANSPAL, SL a execución do proxecto de construción dun ascensor para o Centro Cultural de Taragoña e outras melloras no edificio. O proxecto forma parte do Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal.

Este proxecto conta cun Orzamento total de execución por contrata de 98.343,17 € e mellora a accesibilidade global do edifico que non dispoñía de facilidades para ao acceso de persoas con discapacidade e que a partir desta actuación poderán acceder ás dúas plantas do Centro Cultural. Isto axudará á revitalización do espazo ao facilitar o uso de toda a instalación para todas as persoas, incluídas as aulas de alfabetización de adultas do Concello que alí acudían.

O prazo de execución é de 3 MESES. A execución do contrato comenzará coa sinatura da acta de comprobación do replanteo. Preténdese realizar as obras durante o verán, ao remate do curso escolar da Unitaria Rosalía de Castro e rematalas antes do novo inicio para non molestar a actividade docente.