Deportes

- II Carreira de Orientación Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

II Carreira de Orientación Concello de Rianxo

Data: Sábado, 29 de xullo de 2023

Horario: de 11 a 14 h

Ubicación: Rianxo, Campo de Arriba.

Prezo: de balde.

Inscricións: xestanatureza.com (preme aquí)

Peche de inscricións: 26/07/23

Esta carreira de Orientación consistirá en visitar no menor tempo posible tódalas balizas establecidas na orde que se indica no mapa.

Podedes facer a vosa inscrición (ata 4 participantes por equipo), elexindo algunha das seguintes categorías:

- Xestiñas: categoría para nen@s, sinxela física e técnicamente (menos de 3kms en total).

- Xestas: categoría para adult@s, nivel físico e técnico medio (menos de 4kms en total).

- Xesteiras: categoría para persoas con medios/altos coñecementos de orientación, nivel físico e técnico alto (máis de 5kms en total).

Se queredes participar individualmente debedes facer inscricións separadas.

As saídas serán escalonadas en tempo, non saíndo en ningún momento dúas persoas (ou equipos) no mesmo minuto.

A organización facilitaravos unha tarxeta electrónica para ir rexistrando o paso por cada unha das balizas. Debedes completar o percorrido (en orde), dende a saída ata a meta.

Ao rematar a proba poderedes consultar os resultados en tempo real coa axuda dun código qr que irá impreso no mapa.