Policía Local

- Campaña de protección aos peóns - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 06 25

609 86 22 22

981 86 66 28

policia@concelloderianxo.gal

permanente no verán e de día no inverno

Policía Local

Campaña de protección aos peóns

A Policía Local de Rianxo, dentro da campaña de protección dos peóns na que participan a administración central, autonómica e local, vai impartir unhas charlas dirixidas a facilitar normas e consellos para camiñar con seguridade.

Estas charlas están encamiñadas, especialmente, á xente maior do rural e, ao seu remate, repartiranse uns chalecos reflectores ás persoas asistentes (ata remate de existencias).

Charlas programadas:

  • Auditorio de Rianxo: martes 19 de novembro, ás 20.00 horas
  • Centro Cultural de Taragoña: mércores 20 de novembro, ás 20.00 horas
  • Escolas vellas de Asados:  xoves 21 de novembro, ás 20.00 horas
  • Centro Sociocultural do Araño: venres 22 de novembro, ás 20.00 horas
  • Centro Cultural de Leiro:  luns 25 de novembro, ás 20.00 horas
  • Casa da República de Isorna: mércores 27 de novembro, ás 20.00 horas

More Blog Entries