Turismo

Novas datas actualizadas - Travesías pola ría na Goleta Evangelina  - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN TURÍSTICA

Turismo

Travesías pola ría na Goleta Evangelina 

Novas datas actualizadas

Continuamos cas travesías na Goleta, que permiten coñecer a nosa ría dende unha nova perspectiva.  Estas son as datas actualizadas e un pequeno recordatorio da actividade:

A embarcación escollida é a Goleta Evangelina, con 110 anos de historia navegando pola costa galega. Ten capacidade para 12 prazas e alcanza os 18,70m de eslora, 5 de manga e 1,65 de puntal, con 2 grandes mastros sostendo as velas. O seu porto base é en Rianxo, e pódese contemplar a diario esta obra de arte, construída nunha carpintaría de ribeira e restaurada de xeito tradicional nos Estaleiros Catoira de Rianxo.

Hai dúas opcións no que a horarios se refire (cómpre chegar sempre un pouco antes da hora de sáida): 

- Travesía mariñeira: ás 9:30 

- Travesía ao aterdecer: ás 20:30 

Inscricións: É necesario inscribirse e recoller os billetes no punto de información turística de Rianxo, indicando os nomes de cada persoa e un teléfono de contacto.

Os billetes reserva entregaranse para o acceso á embarcación.

Prezo:

- Adultos (a partir de 8 anos): 20€

- Nenas/-os (de 0 a 8 anos incluídos): 15€

O pagamento realizarase ao patrón, previo acceso á embarcación.

Punto de encontro: Club Náutico de Rianxo, na caseta de vixilancia situada na marxe dereita de acceso.