Deportes

Rianxo, 4ª quenda: Do 2 ao 5 de febreiro de 2024 na Estación de esquí VALGRANDE-PAJARES (ASTURIAS) - Campaña da Neve 2024 - Deputación da Coruña. - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Campaña da Neve 2024 - Deputación da Coruña.

Rianxo, 4ª quenda: Do 2 ao 5 de febreiro de 2024 na Estación de esquí VALGRANDE-PAJARES (ASTURIAS)

Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña organiza a Campaña de Neve 2024 na que ao Concello de Rianxo lle foron adxudicadas 8 prazas na cuarta quenda, do 2 ao 5 de febreiro. Os participantes gozarán de catro días na estación invernal de Valgrande-Pajares. Ademais dos cursos de esquí, contarán con actividades complementarias, ou alternativas no caso de que non se poida esquiar.

A estancia e manutención será en aloxamentos situados a pé de pista, na estación VALGRANDE-PAJARES (ASTURIAS).

PRAZO DE INSCRICIÓN:  ata o 1 de decembro de 2023,  no servizo de deportes do Concello ou a través da sede electrónica do Concello de Rianxo.

DESTINATARIOS: Nenos e nenas empadroados nun concello da provincia da Coruña, de 11 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2023. Terán preferencia os/as nenos/as que non fosen a ningunha campaña de Inverno/Neve da Deputación.

COTA DE INSCRICIÓN E CONTA BANCARIA: 85 € (oitenta e cinco euros). Será ingresada na conta bancaria que se indica nos datos de pago, facendo constar o nome do/a neno/a, Concello e "Campaña de neve 2024". Pagarase unha vez confirmada a praza.

INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR CANDA A SOLICITUDE:
​​​​​​​1. Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polo pai e a nai, ou de ser o caso, polo titor.
2. Fotocopia da tarxeta sanitaria.
3. Fotocopia do carné de identidade ou libro de familia.
4. Copia do aboamento da cota de inscrición (cando a praza estea confirmada e no número de conta dado pola Deputación e publicado na súa web).
6. No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que teñan que ser tidos en conta, axuntarase certificado médico asinado por facultativo/a. De igual xeito, no caso de medicación específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo.

INFORMACIÓN ADICIONAL
Páxina de deportes da Deputación da Coruña.

DESCARGAS
​​​​​​​Ficha de inscrición