Urbanismo

- Aprobación inicial do estudio de detalle modificado da parcela Z5 para adaptación de aliñacións e volumes - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 00 75

981 86 66 28

urbanismo@concelloderianxo.gal

luns a venres: 09.00 - 14.00

PLANEAMENTO

O SIOTUGA incorpora toda a normativa actual que se aplica ao territorio dos municipios galegos: planeamento, plans xerais e parciais, normas subsidiarias, estudos de detalle...

Urbanismo

Aprobación inicial do estudio de detalle modificado da parcela Z5 para adaptación de aliñacións e volumes

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 5 de outubro de 2023, acordou Aprobar inicialmente o Estudo de detalle modificado III da parcela Z-5 para a adaptación de aliñacións e volumes, do plan parcial SAU 3 Pazo de Rianxiño elaborado polo estudo de arquitectura Amancio Losada Vicente.

Conforme ao establecido no artigo 80 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, a documentación estará exposta ao público na web municipal https://concelloderianxo.gal/urbanismo.

Tamén se poderá consultar nas dependencias do Departamento de Urbanismo do Concello de 9.00 a 14.00 horas.

O prazo de exposición pública será de un mes, contado a partir do seguinte día a última das publicacións de este anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos periódicos de maior difusión da provincia. Neste prazo calquera persoa poderá examinar o estudio de detalle e presentar alegacións, suxestións ou documentos que consideren oportunos.

Este anuncio servirá de notificación nos termos establecidos no art. 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultar descoñecidos ou por ser ignorado o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente, ou intentada a notificación non se puidese practicar.