Deportes

España - Francia - PARTIDO OFICIAL DA SELECCIÓN ESPAÑOLA DE VOLEIBOL SUB 17 FEMININA - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

PARTIDO OFICIAL DA SELECCIÓN ESPAÑOLA DE VOLEIBOL SUB 17 FEMININA

España - Francia

Rianxo vai acoller un partido amigable internacional da Selección Española de Voleibol Sub17 Feminina, no que se enfrontará a Francia. Será o venres, 29 de decembro ás 18:30 h., no pavillón municipal de Rianxo “José M. Abuín – Chema -”, organizado pola Federación Galega de Voleibol, coa colaboración do Club Voleibol Rianxo e o Servizo Municipal de Deportes.

O encontro serviralle ao combinado nacional como preparación ao vindeiro WEVZA Sub 18, xa que a expedición viaxará a partir do 3 de xaneiro a Bélxica para medirse aos mellores rivais europeos.

Entradas
    • Entradas grada, 1 €. Xa dispoñibles no pavillón no seu horario de apertura.
    • Entradas pista (VIP), 3 €. Xa á venda a través do Club Voleibol Rianxo e no pavillón a partir do venres, 22 de decembro.

Partido solidario – Cruz Vermella
O recadado coas entradas do partido doarase integramente á Cruz Vermella, co obxecto de colaborar coa súa actividade social.

​​​​​​​Recollida de produtos de hixiene persoal​​​​​
​​​​​​​Asemade, tamén para a Cruz Vermella, habilítase no pavillón un punto de recollida de produtos de limpeza e aseo persoal. A cambio das doazóns recibirase unha rifa para o/s sorteo/s que terán lugar no descanso do partido.