Deportes

- O Camiño de Santiago 2024: O Camiño Primitivo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

O Camiño de Santiago 2024: O Camiño Primitivo

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza o “Camiño de Santiago 2024: O Camiño Primitivo”, que se corresponde ao percorrido do Camiño de Santiago con saída desde A Fonsagrada (Lugo).

A actividade desenvolverase en 6 etapas, nos meses de Marzo, Abril e Maio, desde A Fonsagrada ata Santiago de Compostela.

O prazo de inscrición xa está aberto, e remata o 21 de febreiro ás 14 h.

As preinscricións poderán formalizarse do seguinte enlace da plataforma Cluber, ademais podes consultar as bases de organización da actividade:

https://app.cluber.es/clubes/9dcfccf72785b4c2dc585a5f24c002f7bb2e3691/pagos/65ba4bf51e316166909299

Se tes algún problema coa túa inscrición poderás facelo na oficina do Servizo de Deportes.

O pago farase etapa a etapa, co mesmo sistema que en edicións anteriores.

Recorda que o pago se fará unha vez se confirme a inscrición e sempre a través dunha carta de pago emitida polos servizo de recadación e que vos será facilitada.