Xuventude

Contacontos: Kalopsia: Un planeta non tan diferente, o martes 16 de abril, no Centro Cultural e Deportivo de Taragoña - Contacontos: Kalopsia: Un planeta non tan diferente - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Contacontos: Kalopsia: Un planeta non tan diferente

Contacontos: Kalopsia: Un planeta non tan diferente, o martes 16 de abril, no Centro Cultural e Deportivo de Taragoña

Prazas limitadas! Inscrición previa no correo electrónico xuventude@concelloderianxo.gal, indicando número, nome e idade das persoas solicitantes de praza.

_______________________________________________________________________________________

O vindeiro martes 16 de abril, ás 18.00 h, no Centro Cultural e Deportivo de Taragoña, celebrarase o contacontos
Coñece Europa con Kalopsia. Trátase dun obradoiro de contacontos que explica ao público infantil dunha maneira sinxela e entretida o funcionamento e valores da UE. Esta actividade realizase ao abeiro do programa Europa no teu Concello.

A sesión comezará cun achegamento a algúns contos e libros infantís europeos para coñecer un pouco da tradición literaria da Unión Europea e as diferentes culturas que a compoñen. A continuación, o público poderá escoitar a narración do libro Kalopsia. Un planeta non tan diferente: descubre Europa desde o espacio exterior, editado pola Representación da Comisión Europea en España. O conto está pensando para que os nenos e nenas
coñezan a orixe da Unión Europea e entendan que a diversidade é un valor que nos enriquece.
Para rematar, os cativos converteranse en protagonistas e poderán xogar a formar os seus propios países e alianzas. A actividade contará con intérprete de lingua de signos para garantir a accesibilidade.

O contacontos  Coñece Europa con Kalopsia percorrerá quince municipios da provincia da Coruña nos vindeiros meses para achegar a Unión Europea a nenos e nenas. Esta actividade forma parte da programación que EUROPE DIRECT A Coruña ofrece aos concellos adheridos á rede Europa no teu Concello e poderá verse en Cerceda, Narón, Carral, Dodro, Cariño, Boiro, Pontedeume, Rianxo, A Laracha, Negreira, Rois, Valdoviño, Padrón, Dumbría e Lousame.

Máis información aquí!