Xuventude

O 17 de abril abre o prazo de solicitudes dos campamentos e campos de voluntariado da Xunta de Galicia. - Acción de Verán 2024 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Acción de Verán 2024

O 17 de abril abre o prazo de solicitudes dos campamentos e campos de voluntariado da Xunta de Galicia.

A Xunta de Galicia convocou o programa Acción de Verán 2024 para este verán, con campamentos, minicampamentos "Coñece Galicia", campos de voluntariado e un novo programa para maiores de 18 anos.

As solicitudes tanto dos campamentos (9-17 anos) como dos campos de voluntariado en Galicia (18-30 anos) poderán presentarse a partir do mércores 17 de abril ata o 30 de abril. Para os campos de voluntariado noutras comunidades autónomas o prazo comezará o 2 de maio.

Presentación das solicitudes dos campamentos: As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: sede.xunta.gal. Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica o día de apertura do prazo de presentación. Códigos dos procedementos para o buscador da Sede (segundo o tipo de solicitude):

  • ANEXO II -Solicitude individual. Procedemento xeral: CÓDIGO BS303A
  • ANEXO III- Solicitude múltiple. Procedemento xeral:  CÓDIGO  BS303F
  • ANEXO IV-Solicitude individual. Procedemento de prazas reservadas para inclusión: CÓDIGO BS303G
  • ANEXO V- Solicitude múltiple. Procedemento de prazas reservadas para inclusión: CÓDIGO BS303H

A adxudicación de prazas nos Campamentos será por sorteo.

Presentación das solicitudes para os Campos de Voluntariado:  formulario na web de Xuventude da Xunta de Galicia (apertura do formulario ás 09.00 h do 17 de abril). A adxudicación será por orden de entrada.

Consulta a información e prazas dispoñibles aquí.

Descarga o folleto informativo aquí.

A información sobre os minicampamentos e para o novo programa para maiores de 18 anos sairá nas vindeiras semanas.