Recadación

- Fraccionamento do IBI para o exercicio 2014 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Praza castelao 7 1ºE, Rianxo

981 86 66 61

recadacion@concelloderianxo.es

Concellería de Economía e Facenda

luns a venres: 8.00 a 14.00
martes e xoves: 17.00 - 19.30

Recadación

Fraccionamento do IBI para o exercicio 2014

Co obxecto de facilitar o cumprimento da obrigación tributaria, establécese no artigo 16 da ordenanza xeral de Recadación e na ordenanza do IBI do Concello de Rianxo un sistema especial de pago das cuotas por recibo de forma que o pago do importe total anual do imposto distribuirase en dous prazos, nos meses de xuño e setembro.

I. O fraccionamento do pago requirirá previa solicitude por escrito do suxeito pasivo, a cal conterá a descrición dos conceptos tributarios sobre os cales se pretende o fraccionamento, ou no seu caso a expresión “Todos os tributos fraccionables segundo ordenanza fiscal”.

II. A solicitude de fraccionamento se presentará ante o Concello, ata o ultimo día do mes de febreiro do ano de devengo dos tributos a fraccionar, si ben unha vez solicitado o fraccionamento dun exercicio, este se entenderá solicitado para os exercicios sucesivos, salvo revogación expresa e por escrito polo suxeito pasivo.

III. O fraccionamento realizarase en dúas cuotas fraccionadas a cobrar mediante domiciliación bancaria, cuxos vencementos serán os días 10 ( ou se ese día fose inhabil o seguinte hábil) dos meses de xuño e setembro do ano do devengo do tributo.

Poderase solicitar o impreso, asi como recabar toda a información posible, na oficina de Recadación do Concello.