Xuventude

Ábrese o período de preinscrición ata o vindeiro 04 de xuño. - Campamento dixital para mocidade - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Campamento dixital para mocidade

Ábrese o período de preinscrición ata o vindeiro 04 de xuño.

O Servizo de Xuventude organiza un Campamento Dixital, dirixido a mocidade de 12 e 13 anos e de 14 a 17 anos, que se desenvolverán no verán 2024 no Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo. O campamento será gratuíto e terá unha duración de 15 días, de luns a venres de 10.30 a 13.30h. O seu obxectivo é formar a nenos, nenas e adolescentes en competencias dixitais, garantindo así a súa inclusión dixital.

Trátase de dous campamentos dirixidos aos seguintes grupos de idade e cos seguintes contidos:

De 12 a 13 anos:

  • ​​​​​​​Benestar dixital
  • ​​​​​​​Seguridade, privacidade e reputación na rede
  • ​​​​​​​Filtros eficaces e ferramentas de busca
  • ​​​​​​​Comunicación en liña e prevención do ciberacoso
  • ​​​​​​​Compartir ideas e contidos en internet

De 14 a 17 anos:

  • Saúde dixital: hábitos saudables e benestar dixital
  • Retos víricos e comportamentos positivos e negativos nas redes sociais e en internet
  • Protección de datos, identidade dixital e reputación en liña
  • Liberdade de expresión e respecto en contornos dixitais
  • Profesións emerxentes e competencias dixitais para a busca de emprego

Ábrese un período de preinscrición ata o vindeiro 04 de xuño, no cal pódeste inscribir e elixir a data que prefires. Segundo o número de persoas inscritas o campamento celebrarase nas datas que máis solicitudes haxa.