Xuventude

Para formalizar a praza débese realizar o pagamento e entregar a documentación entre os días 12 ao 19 de xuño, ambos incluídos. - Campamento 2024: formalización da praza - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Campamento 2024: formalización da praza

Para formalizar a praza débese realizar o pagamento e entregar a documentación entre os días 12 ao 19 de xuño, ambos incluídos.

Para formalizar a praza débese realizar o pagamento e entregar a documentación entre os días 12 ao 19 de xuño, ambos incluídos.

  • Pagamento: para realizar o pagamento deberás solicitar o recibo no servizo de xuventude ben presencialmente o por correo (campamento@concelloderianxo.gal) ou whatsapp (664181401). Unha vez teñas o recibo podes realizar o pago por banca electrónica, caixeiro ou nos bancos indicados no propio recibo. Só se pode realizar o pagamento mediante o recibo que vos facilitamos, non se pode realizar por transferencia bancaria, ingreso en conta, bizum,...

 

  • Documentación:
    • Autorización do uso de imaxes. Descarga aquí.
    • Autorización de recollida do menor ás persoas autorizadas ou de saída do menor pola súa conta (neste caso, para nenos/as maiores de 10 anos). Descarga aquí.
    • Xustificante médico (só no caso de ser necesario).

 

A documentación remitirase ao seguinte correo electrónico: campamento@concelloderianxo.gal ​​​​​​​ou presencialmente na Oficina de Xuventude.

Recordamos que si tes praza e finalmente non vas facer uso dela, deberá comunicalo por escrito, ben mediante rexistro do concello ou correo electrónico a campamento@concelloderianxo.gal, ata o 21 de xuño. No caso de que non comunique a renuncia a praza, deberá realizar o aboamento do recibo.