Novas Tecnoloxías

O 10 de agosto, no Campo de Arriba, terá lugar a segunda edición desta feira de videoxogos - Rianxo Gaming 2024, feira de videoxogos - Concello de Rianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

Rianxo Gaming 2024, feira de videoxogos

O 10 de agosto, no Campo de Arriba, terá lugar a segunda edición desta feira de videoxogos

O Rianxo Gaming é un evento anual dedicado ao mundo dos videoxogos que promove o seu valor cultural e educativo.

Cun formato de feira, o evento inclúe unha variedade de actividades como charlas, obradoiros, competicións de eSports, retro-gaming, realidade virtual, tendas e música en directo.

No apartado de divulgación educativa, este ano haberá dúas charlas orientadas á mocidade e ás familias: "Mulleres gamers, retos e desafíos" é unha mesa redonda para coñecer a perspectiva das mulleres na industria do gaming, da man dalgunhas das súas protagonistas, gamers e influencers, que falarán sobre as súas propias experiencias. "Familia, eu quero ser youtuber" vai dirixida ás familias para axudar a coñecer as oportunidades laborais que xorden da creación de contidos para as redes sociais, pero tamén dos riscos que van asociados a este tipo de actividades.

O evento está promovido polo Concello de Rianxo e a produción técnica é de Lúa Gaming, a empresa galega de eSports e eventos.

No evento participan o Museo do Videoxogo, A Vella Escola Cultura Urbana, a Escola de Música de Rianxo, e no apartado audiovisual coa realización de Volvemos a Primera Producciones .

Colaboran co evento A Túa Xanela, ROT SL, Mínimo Eventos, Creade Impresión Dixital, BEEP Rianxo, Libreria Xacobiño, Librería Cándido e Asociación A Moreniña.

Para máis información ou para participar como voluntario/a, contacta connosco en gamingrianxo@gmail.com ou a través do Instagram @rianxogaming