Xuventude

A exposición poderá visitarse do 12 ao 29 de xullo na Praza da Manuela. - Exposición Pacto Verde Europeo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Exposición Pacto Verde Europeo

A exposición poderá visitarse do 12 ao 29 de xullo na Praza da Manuela.

A mostra Pacto Verde Europeo, do centro EUROPE DIRECT A Coruña-Deputación da Coruña, chega o venres 12 de xullo a Rianxo. Esta mostra sobre as políticas verdes da Comisión Europea poderá visitarse durante dúas semanas, ata o 29 de xullo, na Praza da Manuela – Paseo da Ribeira.

A inaguración das exposiciópn será o venres 12 de xullo ás 13 horas na Praza da Manuela, cunha actuación artística que introducirá ao público na temática medioambiental a través de malabares, acrobacias e equilibrios.

O Pacto Verde Europeo é a folla de ruta da UE para avanzar cara un sistema económico sostible, moderno e competitivo que sexa capaz de facer un uso eficiente dos recursos. Como se explica de maneira accesible nos paneis, o obxectivo inicial é reducir as emisións nun 55% ata 2023 como primeiro paso para acadar a neutralidade climática no ano 2050.

Actividades da exposición

A mostra busca tamén a participación do público asistente a través de dúas experiencias interactivas ás que se pode acceder dende o teléfono móbil. A primeira delas é Estación Verde, un entorno virtual en 3D no que se aloxan vídeos realizados polo alumnado de centros galegos con consellos sobre sostibilidade, contidos didácticos, unha versión virtual da mostra e un punto informativo sobre as funcións do centro EUROPE DIRECT A Coruña, aos que se pode acceder escaneando códigos QR.

Tamén está dispoñible o xogo Pacto Verde Europeo, un escape room online deseñado para poñer a proba os coñecementos sobre o coidado do medio ambiente do público de todas as idades. Pódese acceder ao mesmo a través da páxina web: A aventura do Pacto Verde Europeo (dacoruna.gal)