Deportes

- ANDAINA SANTA COMPAÑA 2024 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

ANDAINA SANTA COMPAÑA 2024

A Sociedade Deportiva Barbantia Roda  Protección Civil de Rianxo organizan, coa colaboración co Concello de Rianxo, a “Andaina Santa Compaña 2024”, o vindeiro 17 de agosto.

Despois do parón do 2023, recupérase esta andaina tan especial, cun carácter lúdico recreativo no que ao longo dun percorrido sorpresa de aproximadamente 9 Km. se realizan representacións e escenas relacionadas coa Santa Compaña.

Dirixido a

  1. Maiores de 18 anos.
  2. Idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos poderán participar cunha autorización por escrito dos proxenitores.
  3. Entre os 8 e os 14 anos ademais do anterior deberán ir acompañados/as dun adulto e entregar a autorización por escrito dos proxenitores.

Data e horarios

A andaina será o 17 de agosto e desenvolverase de 22:45 a 2:30 h. O punto de encontro para a saída será na Área Recreativa de Campo Maneiro (Taragoña-Rianxo).

Inscricións
Límite de prazas: 2.500 participantes
Cota de inscrición: 3€
​​​​​​​A inscrición é obrigatoria e pode formalizarse ata o 13 de agosto na seguinte ligazón á páxina de inscrición:

Descargas

​​​