Emprego

Contratación laboral temporal por conta allea a favor do alumnado-traballador do Obradoiro de Emprego MONTE NOSO - Incentivos á contratación Obradoiro de Emprego MONTE NOSO - Concello de Rianxo

SERVIZO DE EMPREGO

INFORMACIÓN XERAL

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local
Praza Castelao 1, Rianxo

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

luns a venres 09.00 - 14.00

Emprego

Incentivos á contratación Obradoiro de Emprego MONTE NOSO

Contratación laboral temporal por conta allea a favor do alumnado-traballador do Obradoiro de Emprego MONTE NOSO

O Concello de Rianxo convoca os incentivos para a contratación laboral temporal por conta allea a favor do alumnado/traballador do Obradoiro de Emprego MONTE NOSO.

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos á contratación as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, cuxa actividade estea directamente relacionada coa formación impartida no Obradoiro dual de Emprego “MONTE NOSO”, é dicir, que a actividade estea relacionada coas especialidades, AGAR0208: Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas ou AGAR0309: Actividades auxiliares e conservación e mellora de montes, e que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados no ámbito territorial da comarca da Barbanza.

As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables deberán presentarse no prazo de 5 días a contar desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP.

Bases do programa de incentivos

ANEXO I

ANEXO II