Educación e Cultura

- Exposición: Fauna Esencial - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Exposición: Fauna Esencial

A exposición Fauna Esencial, que chega a Rianxo no mes de novembro, recolle un percorrido pola beleza e fraxilidade das especies máis representativas da nosa contorna natural a través dunhas impresionantes  fotografías, acompañadas de información detallada. Esta exposición realizase no marco do proxecto Cultura por alimentos, da Fundación Obra Social Abanca.

  • Cando: do 08 de novembro ao 08 de decembro
  • Horario: de luns a venres de 10.00 a 14.00 h, e tardes e sábados nos horarios da programación cultural do Auditorio.
  • Onde: Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo

A inauguración será o vindeiro venres 08 de novembro ás 12.30 h.

FAUNA ESENCIAL

A exposición  Fauna Esencial é unha viaxe enriquecedora a través da diversidade e a esencia mesma da nosa vida silvestre. Con este fascinante percorrido, somerxémonos na beleza e fraxilidade das especies máis representativas da nosa contorna natural a través dunhas impresionantes fotografías, acompañadas de información detallada. Afonda nos misterios e marabillas da fauna que nos rodea, desde os maxestosos mamíferos ata as aves máis comúns, desempeñando un papel vital no equilibrio do noso ecosistema.

Esta exposición enmárcase no programa solidario CULTURA POR ALIMENTOS, en colaboración con FESBAL, para axudar os Bancos de Alimentos locais.