Educación e Cultura

O monólogo Soa, de Rogelia dos Outeiros, será o vindeiro venres 22 de novembro ás 20.30 h. - Monólogo: Soa, de Rogelia Dos Outeiros - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Monólogo: Soa, de Rogelia Dos Outeiros

O monólogo Soa, de Rogelia dos Outeiros, será o vindeiro venres 22 de novembro ás 20.30 h.

Monólogo: Soa, de Rogelia Dos Outeiros, dirixido por Fran Rei.

  • Cando? venres 22 novembro, ás 20.30 h
  • Onde? Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo - Sala Arcos Moldes

Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa).
Duración: 55 min. Público recomendo: + 12 anos.

Proposta ao abeiro do Pacto do Estado contra a violencia de xénero.

+ información

Sinopse
Dirixida por Fran Rei, Soa é a primeira produción en solitario da xa veterana actriz Rogelia dos Outeiros.
Neste espectáculo atopámonos cunha muller que, pechada na casa polo seu marido, atopa na súa nova veciña unha confidente a quen contarlle a súa historia, unha válvula de escape para liberarse da pesada carga que sempre lle acompaña.
Así, descubrimos unha cruel realidade que leva agochada xa demasiado tempo, nun contexto que mestura medo, desesperación, tristura e claustrofobia. Porén, e a pesar das circunstancias, o humor está sempre presente e as
situacións cómicas serven de catalizador para esta muller que, pouco a pouco, vai conquistando á audiencia.
Un marido tolo, un cuñado enfermo, os fillos ausentes, a soidade, o machismo, pero tamén a complicidade, a liberación sexual, a autoestima, o cine, a música e, sobre todo, a esperanza son as pezas que emprega Rogelia dos Outeiros para construír un espectáculo que conduce ao público entre o drama e a comedia.

Rogelia dos Outeiros
Rogelia dos Outeiros leva máis de 25 anos sobre os escenarios, a medio camiño entre o teatro amador e o profesional.
Despois dunha primeira experiencia no instituto con Miro Magariños, comezou a súa formación artística en Pontevedra, na Aula de Formación de Actores de Celso Bugallo durante tres cursos. En 2005 entra na Aula de Teatro da Asociación Artística de Cuntis, dirixida por Fran Rei, participando en todas as montaxes ata a actualidade.
Paralelamente, toma clases de teatro, dramatización e interpretación con diversos mestres e mestras, como Moisés Morales, Avelino González, Evaristo Calvo, Anabel Gago, María Costas ou Jouse García.
En 2012 forma a compañía profesional Teatro do Astracán, coa que estrea Ladrón e Familia, dirixida por Evaristo Calvo.