Educación e Cultura

Teatro amador Unha Rosa é... unha Rosa, representado polo grupo amador A Tenencia Teatro, e organizado polo grupo de teatro rianxeiro Airiños. - Teatro amador: Unha rosa é... unha rosa - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro amador: Unha rosa é... unha rosa

Teatro amador Unha Rosa é... unha Rosa, representado polo grupo amador A Tenencia Teatro, e organizado polo grupo de teatro rianxeiro Airiños.

Teatro amador Unha Rosa é... unha Rosa, basada no texto de Suso de Toro e dirixida por Eugenia Sanmartin, representado polo grupo amador A Tenencia Teatro, e organizado polo grupo de teatro rianxeiro Airiños.

  • Cando: sábado 23 novembro, ás 20.00 h
  • Onde: Sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo.

Sinopse
(Luz sobre o vaso de caña) A vella tía Rosa, quedou solteira e quedou na casa familiar. Ela ten saudade do tempo no que as cortes das vacas, agora baleiras, estaban cheas.
Gústanlle os puros e a caña, que ten moito efecto espiritual...
(Luz sobre a sala) Ela di que das cousas do mundo moderno non sabe nada, como por exemplo da quebra do estado de benestar ou da precarización dos contratos...
(Luz de lóstrego) Rosa ten dous sobriños que a visitan de cando en vez.
Esta noite de tronos Rosa recibe a visita de Pololo e logo tamén de Adela, os sobriños.
(Luz de tv) Gústalle ver televisión e, esta noite, Rosa a goza vendo Colombo... Na historia de hoxe, Colombo investiga o asasinato dunha muller a mans dos seus sobriños, pola herdanza. 
(Luz de lóstrego) O asasinato clama a súa particular vinganza.