Educación e Cultura

Teatro infantil: O rapto da Befana, da compañía Olivas Negras, unha proposta de comedia de máscaras. - Teatro familiar: O rapto da Befana - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro familiar: O rapto da Befana

Teatro infantil: O rapto da Befana, da compañía Olivas Negras, unha proposta de comedia de máscaras.

Teatro infantil: O rapto da Befana, da compañía Olivas Negras, unha proposta de comedia de máscaras con personaxes que veñen de Italia, unha pequena aventura, varios enredos, moita música, alegría e comedia

  • Cando? sábado 30 novembro, ás 19.00 h
  • Onde? Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo - Sala Arcos Moldes

Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa).
Duración: 55 min. Público familiar.

Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural 2024 da Deputación da Coruña.

Sipnose

Durante só unha noite de xaneiro, a bruxa Befana reparte agasallos e comida polas casas. Colombina, farta de traballar e de ser pobre, ten unha idea: raptar a Befana, así nunca lle faltará nada, pero Arlequín e Polichinela escoitan o seu plan. Arlequín quere chegar antes ca ninguén onda a Befana para demostrarlle a Colombina que é máis listo ca ela. O Capitán vai con el, sobre todo porque non quere quedar só. Polichinela consegue a axuda de Pantalone e os seus cartos para averiguar onde vive a Befana. E a Befana, sen sospeitar o que lle espera, viaxa na súa góndola pola terra, polo aire e pola auga, cambia de calcetíns, que é a cousa que máis lle gusta no mundo, e garda nos zapatos a súa maxia.
Nesta historia presentámosvos personaxes que veñen de Italia, unha pequena aventura, varios enredos,
moita música, alegría e comedia.

Máis información: Páxina web A Befana